Batemos manteiga queixo e azucre ata obter unha masa homoxénea.
Sen deixar de bater, engadimos os ovos un a un e por último a vainilla.
Unha vez obtida esta mestura engadimos a fariña envolvendo con espátula.
Verquemos en molde encamisado con papel e enfornamos a 170 en forno prequente unha hora ou ata que cunha espetada comprobemos que estea cocido.